" />

O Concello pecha os parques da cidade por ventos e choiva e suspende o mercadiño de mañá

O Concello de Lugo informa de que esta tarde, a partir das 18:00 horas, pechará ao público os parques de Rosalía de Castro e da Milagrosa como medida de prevención para garantir a seguridade cidadá ante os avisos de Aemet de rachas de vento de ata 100 quilómetros/hora e a previsión de choivas.

Así mesmo, o Concello decidiu suspender o mercadiño que estaba previsto que  acollera mañá o Parque de Milagrosa, como cada vernes. A reapertura de ambos espazos públicos realizarase previsiblemente na tarde do venres, dependendo da evolución destes fenómenos meteorolóxicos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo