O Concello podería perder unha axuda de 6000€ por non organizar obradoiros para a mocidade

A concelleira do Partido Popular no Concello de Lugo, Cristina Abades, desvelou que o goberno local renunciou a unha subvención de case 6.000€ da Xunta de Galicia en materia de xuventude. Cristina Abades explica que o Concello de Lugo recibiu unha axuda de 5.989€ da Xunta de Galicia para a posta en marcha de iniciativas locais dirixidas aos mozos durante o ano 2019, e o 31 de maio deste ano se publicou no DOG a resolución na que se concedía esta axuda ao Concello de Lugo.

A concelleira popular sinala que estas subvencións se conceden para desenvolver diferentes tipos de programacións dirixidas á mocidade, consistentes no fomento do emprendemento, a divulgación de hábitos saudables e a prevención de conductas de risco ou violentas entre a poboación xuvenil, a dinamización da información para a xuventude ou a promoción de actividades creativas e innovadoras. Outros dos ámbitos aos que se dirixen estas achegas son iniciativas que busquen a inclusión social e laboral e a accesibilidade dos mozos e mozas, o impulso da participación e empoderamento das mulleres, a conservación e posta en valor do medio ambiente e do patrimonio natural e cultural, o desenvolvemento da dinamización do medio rural e a creación de espazos para a comunicación e as novas tecnoloxías.

O Concello de Lugo presentou un “obradoiros pedagóxicos sobre participación” e a subvención concedida polo goberno autonómico ao Concello de Lugo tiña como fin a realización de obradoiros gratuítos durante os meses de xuño, xullo e agosto, cursos dirixidos a mozos de entre 16 e 35 anos. “Durante os meses de verán é fundamental ter todo tipo de actividades formativas ou de ocio para dar saídas ao tempo libre da cidadanía”, dixo.

Cristina Abades lamenta que finalmente o bigoberno local tivera que renunciar a esta subvención o 24 de outubro debido a que non desenvolveron ningún tipo de obradoiro, a pesar de que dende o goberno local se xustificaron alegando “falta de participantes”. “Resulta curioso que o bigoberno se escude na falta de participantes para realizar os obradoiros cando, precisamente, o curso que presentaron tiña como obxectivo a sensibilización na participación. Está claro que non se preocuparon por poñer en marcha esta iniciativa o que demostra o pouco interese en proporcionar a mocidade actividades”, afirmou.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Luis Díaz
    Dec 02, 2019 - 02:58 PM

    Bueno … Paseo diario para la perfomance fotográfica y mediática de cada día . Por cierto , a qué horas trabaja ( lo que se entiende por trabajar ) esta gente .

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com