O Concello promove un programa de actividades didácticas para dinamizar o conxunto patrimonial de Lugo

O Concello de Lugo, a traveso do obradoiro de emprego Cultur@Lvcvs, promove un programa de actividades didácticas destinada aos centros educativos coa finalidade de dinamizar o conxunto patrimonial e fomentar a valoración por parte dos máis novos do patrimonio arqueolóxico e da historia de Lugo.

Así o avanzou este martes a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, quen anunciou que “as actividades se desenvolverán entre o 15 de outubro e o 31 de xaneiro”. Todos os centros interesados deberán envíar unha solicitude ao enderezo electrónico obradoiro@concellodelugo.org. A solicitude non supón a reserva de praza ata que sexa confirmada polo obradoiro, e as reservas adxudicaranse por orde de recepción observando as seguintes condicións.

Os 23 beneficiarios do programa de inserción laboral Cultur@Lvcvs, que arrancou o pasado mes de agosto e que rematará a finais de febreiro, organizan estas actividades ao tempo que melloran as súas posibilidades de acceder ao mercado laboral recibindo formación especializada en turismo, xestión cultural e educación ambiental, “apostas fundamentais do Concello para impulsar o crecemento socioeconómico de Lugo”, subliñou Prieto.

5 talleres e visitas guiadas aos museos

Estas accións inclúen un achegamento a Lugo a través de varios talleres, así como a posibilidade de concertar visitas guiadas a calquera dos museos municipais. O primeiro deles é De lucus a Lugo. Viaxe no tempo, que se celebrará todos os martes, mércores e xoves co obxectivo de dar a coñecer como se configurou a cidade romana a partir da análise das construcións máis representativas da cidade. O segundo deles é Scriptorium. Taller de escritura romana, unha actividade que terá lugar todos os xoves, na que os nenos e nenas aprenderán todo o relacioando coa escritura na época romana.

Coa terceira actividade, Tesellae: Taller de mosaicos, os participantes converteranse en artesáns todos os mércores, confeccionando unha reprodución dun mosarico con teselas de cores sobre unha base ríxida de madeira. Na cuarta acción, Luces Milenarias. Taller de Lucernas, os rapaces e rapazas producirán mediante moldes as súas propias lucernas todos os martes. E por último, co taller Ave César! A lexión lucense saúda, que terá lugar os xoves, os cativos fabricarán e decorarán o seu propio equipamento romano.

Todos estes talleres, dirixidos a alumnos de educación infantil, primaria e ESO, terán unha duración de 60 minutos e neles participarán unha aula por sesión. Máis información en www.lugo.gal ou no teléfono do obradoiro 982-29-74-79.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com