" />

O Concello realiza certas intervencións no barrio de Paradai

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas visitou o barrio de Paradai, onde se están a levar a cabo unha serie de actuacións de mantemento en varias rúas. O edil explicou que “estamos a realizar pequenas intervencións que mellorarán cuestións importantes para o día a día da veciñanza, como a accesibilidade”.

A concellería de Infraestruturas Urbanas inviste máis de 16.000€. Esta actuación consiste tanto na melora da beirarrúa como na colocación de reixas para a recollida de augas pluviais na rúa do Hórreo, que eliminará as inundacións que se estaban a provocar nos días de choiva. Ademais, na rúa Lucas Ferro Caveiro estase a levar acabo a renovación do pavimento da beirarrúa, xunto cunha mellora do acceso ás escaleiras que a comunican coa avenida Infanta Elena. Ademais, colocarase unha varanda.

O Tenente de Alcalde afirmou que “desde a área de Mobilidade e Infraestruturas planificamos accións a desenvolver continuamente nos distintos barrios e zonas periurbanas para garantir a calidade de vida das veciñas e veciños”. O Tenente de Alcalde destacou “a importancia da colaboración da veciñanza na planificación destas intervencións ao achegarnos as súas necesidades, xa que son quen coñecen de primeira man as necesidades que ten a súa zona”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo