O Concello realiza melloras na rede viaria rural

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, supervisou as obras que o Concello de Lugo executa para mellorar a rede viaria municipal no rural. As actuacións consisten no acondicionamento con mestura asfáltica en quente en 780 metros dunha estrada da parroquia de Benade, que bordea ao núcleo de Airexe e que finaliza preto do núcleo de Fontes Novas, e en 2.380 metros doutro vial da parroquia de Adai, que atravesa os núcleos de Vilamaior e As Cancelas, e que remata nas proximidades do núcleo de Ferreiros.

En ambos caos, previamente limpáronse as cunetas e restableceuse a drenaxe lonxitudinal das pistas. Estes traballos, que contan cun orzamento de 114.000 euros, están subvencionadas polo Agader e favorecen a comunicación e a calidade de vida dos veciños e veciñas do rural lucense.

Ademais, Miguel Fernández tamén se achegou ata a parroquia de San Xoán de Pena, onde a brigada municipal de obras está a realizar tarefas de limpeza de cunetas e recuperación de firmes, dentro do plan de bacheo que a entidade local está a acometer nos máis de 1.000 quilómetros de pistas das 54 parroquias.

Esta serie de actuacións responden a peticións da veciñanza e enmárcanse na decidida aposta do Concello de Lugo polo rural, para fixar poboación e mellorar a calidade de vida e os servizos dos seus veciños e veciñas.

Outras actuacións

O Concello tamén executará na parroquia de Pías o rego asfáltico do vial de acceso ao núcleo do Curutelo. Na parroquia de Lamas acometerá a reparación do firme e a limpeza de cunetas no lugar de A Portela, e en Teicelle, procederá á colocación dun caño de condución de auga e á instalación de bases para colectores de lixo.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com