O Concello recibe un novo bonus buenus pola baixa siniestralidade laboral

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este luns, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, un novo distintito de bonus buenus de mans da mutua FREMAP; por ser, un ano máis, o Concello unha entidade de baixo índice de sinistralidade e días de baixa laboral. No acto estivo presente o director rexional de FREMAP en Galicia, Carlos Llanos, e o director provincial da mutua en Lugo, Francisco Sirgado; así como delegados de prevención e membros do Comité de Seguridade e Saúde do Concello.

Lara Méndez puxo en valor este recoñecemento, que acredita que unha vez máis o Concello é referente en prevención de riscos laborais. Así mesmo, incidiu en que esta distinción reflexa o compromiso do bo facer do Concello coa prevención, e todo isto a pesar das peculiaridades da administración, con falta de persoal, “limitación que sempre repercute”. Ademais de recibir diversos bonus ao longo dos últimos anos, Lugo figura nunha guía de Egarsat como referente nas boas prácticas. 

Pola súa banda, Llanos puxo en valor a dificultade para que unha administración pública obteña estas distincións, e máis consecutivas, como é o caso de Lugo. Nesta liña felicitou á entidade local pola consecución deste bonus, que revirten para a cidade e para o Concello, algo do que Lugo pode presumir.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com