" />

O Concello reforza a protección dos Colexios Electorais da cidade

O Goberno Municipal vén de reforzar as medidas de protección contra o coronavirus na xornada electoral para incrementar a seguridade da cidadanía. Así, o Concello de Lugo decidiu ampliar o número de locais, pasando de 68 a 83, 15 máis do habitual, para aumentar a separación entre as mesas, velar polo cumprimento da distancia interpersoal establecida e, co fin de diminuír a formación de colas, xestionar, coa menor confusión posible, as entradas e saídas diferenciadas dos enclaves de votación, mellorando así o protocolo autonómico.

A rexedora, Lara Méndez, sinalaba esta mañá que “co ánimo de gañar en seguridade, nunha xornada tan importante coma esta, decidimos, sempre que foi viable, ir máis aló das pautas emitidas polo executivo galego en prol de trasladar seguridade e tranquilidade para que a nosa veciñanza acuda a exercer o seu dereito con todas as garantías hixiénico- sanitarias”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo