" />

O Concello responde ao PP e asegura que está a arranxar “as máis de 220 deficiencias atopadas no auditorio”

O Goberno local vén de responder ás reclamacións do PP sobre a apertura do auditorio realizadas durante esta fin de semana. Segundo explican dende o Goberno, estase a finalizar o proxecto para “arranxar as máis de 220 deficiencias atopadas tras o estudo técnico que mandou elaborar o Concello despois de que a Xunta lle entregase o edificio”. O proxecto estase a elaborar co informe das deficiencias e incluirá os traballos da parte axardinada exterior, “xa que a Xunta entregou o inmoble tamén sen o mesmo”. Uns arranxos que costarán ao Concello máis de 430.000 euros.
Este será o proxecto que se deberá licitar para arranxar o Auditorio co fin de que se poidan abrir as súas portas “coas maiores garantías de seguridade”, porque “hai que lembrar que o estudo que se encargou conclúe que as instalacións presentan, entre outras, deficiencias de consideración nos sistemas de protección contra incendios, de gas, ventilación e climatización”.
Ademais, segundo indican as conclusións do informe elaborado, o deterioro que presenta o edificio é froito dalgúns “erros construtivos pero fundamentalmente do tempo que o inmoble estivo desocupado”, sen uso e tamén sen mantemento, ata a súa entrega, pola que o Concello agardou case 15 anos.
Cómpre lembrar que a Xunta finalizou as obras en abril de 2016 pero o equipamento da dotación non comezou a instalarse até febreiro de 2019. Desde o 2016 ata que a Xunta entregou o edificio, non se desenvolveron labores de mantenimiento.
“É unha lástima que o PP non realizase as súas obras teatrais para defender os intereses da veciñanza lucense durante os 15 anos nos que a Xunta tardou en entregar o edificio, ou para reclamar á Xunta que desenvolvese as labores de mantenimiento co fin de que se entregase o novo auditorio en condicións xa de poder abrirse. O PP, lonxe de defender os intereses da cidade, o que fixo foi defender os intereses do partido, o que sigue a facer, lamentablemente. Porque os concelleiros e concelleiras do PP cobran un soldo da cidadanía de Lugo para defender a cidadanía e non para facer teatrillos partidistas”, din dende o Concello.

Novas relacionadas

  1. Anónimo
    Mai 24, 2021 - 08:31 PM

    Poderiase dicir aquelo de : PPSOE , mesma merda é . Pero non vou dicilo.

    Reply
    • Anónimo
      Mai 25, 2021 - 08:02 AM

      Luis Díaz pode que según tu opinión una sea una mierda, pero a otra e una diarrea. No tempo que levan na oposición, nunca deron una solución, solo criticaron. Saude.

      Reply
    • Anónimo
      Mai 25, 2021 - 01:58 PM

      J Eduardo Veiga Saude, e sorte.

      Reply
  2. Anónimo
    Mai 24, 2021 - 06:40 PM

    É vos non queredes e eles tampouco queren. E os ciudadanos no medio sen culpa nin arte nin parte. É o auditorio pudriendo. Viva el vino y la fiesta con el dinero de los ciudadanos!!!?

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo