O Concello restaurará con celeridade a Fonte de San Vicente

Logo da actuación vandálica desta pasada fin de semana, onde apareceu esnaquizada a fonte de San Vicente, o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, deu conta de que “o Concello, a través dunha proposta de gasto, iniciará na maior brevidade posible as xestións para avaliar os danos e coñecer a mellor técnica de restauración da estatua da Fonte de San Vicente”.

Posteriormente, o edil explicou que “a entidade local elaborará un proxecto de restauración, solicitando tamén un informe positivo do Servizo de Patrimonio da Xunta, para levar a cabo a restauración coa máxima celeridade posible, co obxecto de repoñer a estatua de San Vicente no lugar que sempre ocupou entre os lucenses”.

Neste senso, o Concello lamenta profundamente os actos vandálicos producidos ao longo da madrugada do sábado. Así mesmo, condena publicamente o comportamento incívico duns poucos, que coas súas accións prexudican a todo o pobo de Lugo.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo