" />

O Concello retira restos antigos do Cemiterio para a construcción de novas sepulturas

A concelleira de Participación, Cristina López, visitou o Cemiterio Municipal onde se está a levar a cabo a retirada de restos antigos na zona antiga. “Trátase de restos que datan de finais dos anos 80 e comezos dos 90, procedentes de enterramentos sociais”, explicou Cristina López, que explicou que “os restos serán almacenados seguindo os protocolos habituais do cemiterio para este tipo de casos”.

Os traballos consisten na escavación do terreo e a reciclaxe dos distintos restos das caixas, ademais do desprazamento dos restos cadavéricos, que serán colocados en bolsas de restos e almacenaranse na zona habilitada a tal efecto no cemiterio. En total, trasladaranse os restos de 32 persoas, 18 mulleres e 14 homes. A área de participación investiu 8.894,62€ na realización destes traballos, que teñen unha duración prevista de unha semana.

Cristina López afirmou que “desde a área de Participación traballamos en mellorar o Cemiterio Municipal, un dos poucos de xestión totalmente pública”, e afirmou que “estamos a planificar a ampliación da zona antiga, construíndo novas sepulturas nas zonas sen urbanizar, entre as que se atopa a antiga zona de enterramentos sociais”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo