O Concello tarda máis de catro anos en resolver as reclamacións por responsabilidade patrimonial

O voceiro Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, afirmou que a “parálise” na que a rexedora, o seu equipo e os anteriores gobernos socialistas sumiron ao goberno os leva a que tardan unha media de 1.598 días en resolver reclamacións por responsabilidade patrimonial, uns catro anos e medio.

Antonio Ameijide explicou que no que vai de ano o goberno local só resolveu sete reclamacións de responsabilidade patrimonial mentres que o resto se desestimaron. Entre as reclamacións estimadas “chama poderosamente a atención” que o 5 de xuño se estimou unha reclamación dun veciño que pediu ao Concello responsabilidades xa que o seu vehículo recibiu un golpe dun colector do lixo, accidente que tivo lugar en setembro de 2010. “Tardaron en respostar a este veciño 2.785 días en respostar esta reclamacións, que supuxo un custe mínimo para o Concello, de 426€”, afirmou o popular.

Pero a demora na resposta a estas reclamacións non é un caso único, xa que no que vai de ano estimaron outras que se presentaron nos anos 2013, 2014 e 2015. Segundo o popular, o Concello de Lugo está a “fallar” aos lucenses por mor da “parálise” na que os socialistas sumiron todas as dependencias municipais, froito do desmantelamento dos servizos municipais que os socialistas levan facendo nos últimos 19 anos.

No que vai de ano, cada unha das reclamacións por responsabilidade patrimonial estimadas polo Concello tiveron un custo medio de 1.081,25€ (7.568,73€ en total), sendo a maior delas unha reclamación por valor de 4.376,80€ por mor dunha filtración de augas a unha comunidade de veciños a raíz dunha fuga de auga entre a Ronda das Fontiñas e  Carril das Hortas.

Antonio Ameijide tamén desvelou que moitas das reclamacións por responsabilidade patrimonial presentadas por lucenses non se estimaron por parte do Concello e, pese a iso, supuxeron un custe para as arcas municipais xa que foi o xulgado o que estimou a responsabilidade municipal e condenou ao Concello a pagar diversas reclamacións.

No que vai de ano, o Concello de Lugo xa tivo que pagar 41.079,84€ en concepto de costas xudiciais e sentencias nas que condenan a pagar danos por responsabilidade patrimonial, que en primeira instancia denegou o Concello.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com