" />

O Concello tende a man á Xunta para prorrogar a data de inicio das obras da Residencia ante a caducidade do prazo

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada polo edil de Urbanismo Sostible, Miguel Couto, visitaban hoxe o barrio da Residencia co fin de comprobar como está a avanzar o proxecto para a construción do Centro Integral de Saúde.

Lara Méndez puxo de manifesto que o Concello de Lugo ten a man tendida á administración autonómica para axilizar ao máximo posible a creación desta nova dotación sanitaria e anunciou que a institución local vén de conceder a licenza para a futura sede da Escola de Enfermeiría que – adiantou – aprobarase na vindeira Xunta de Goberno.

Á súa vez, sinalou que, “nestes momentos, o único trámite que queda pendente entrámbolos dous organismos é que o executivo galego abone as taxas de demolición da lavandería e a central térmica, paso imprescindible, para que o Concello outorgue a licenza”, clarificou a alcaldesa.

A rexedora e o concelleiro de Urbanismo acudían á zona xunto á conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, para interesarse pola evolución dos traballos nas antigas instalacións do Vello Xeral xa que o prazo estipulado para que a Xunta poida iniciar as obras, dende que foron autorizadas, está a piques de esgotarse, “un permiso que, se a Xunta o considera necesario, procedermos a ampliar”, concluíu Lara Méndez.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Carlos Fernandez Peleteiro
    Nov 22, 2019 - 02:43 PM

    Como o ten que ser colaboración entre as administracións. Para o beneficio do pobo

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo