O Concello ultima os preparativos para recibir mañá a Volta ciclista

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este martes unha reunión con membros da Policía Local e Protección Civil para ultimar os preparativos para recibir mañá a Volta Ciclista a España, co fin de coordinar e definir os derradeiros detalles da proba deportiva ao seu paso pola cidade e garantizar o éxito e a seguridade, tanto dos participantes como dos espectadores.

Ante a chegada dunhas 4.000 persoas á cidade, segundo datos facilitados pola propia organización da Volta, despregarase un dispositivo de coordinación, no que participarán uns 25 Policías Locais e preto de 30 voluntarios de Protección Civil, que serán reforzados polos corpos de seguridade da Policía Nacional e a Garda Civil de Tráfico. Ademais, o corpo de bomberios disporá de dúas dotacións avanzadas na rúa San Froilán.

Tal e como se dera a coñecer, a entidade local reestruturou o tráfico co obxectivo de asegurar o nomal desenvolvemento deste evento. Deste xeito, a partir das 22:00 horas realizaranse corte totais ou parciais, principalmente na Ronda da Muralla e as súas adxacentes. Do mesmo xeito, dende esta mesma tarde, ás 16:00 horas, queda prohibido o estacionamento nas seguintes rúas:

  • Rúa Castelao, dende rúa Escalinata da Estación cara a Ronda Muralla
  • Rúa Vilalba
  • Rúa Anxo López Pérez
  • Ronda Muralla (todo o perímetro)
  • Avenida da Coruña, dende Ronda Muralla cara a rúa Irmáns Carro
  • Rúa Concepción Arenal
  • Rúa Anduriñas
  • Rúa Camiño Real, dende rúa Concepción Arenal cara a Ronda Muralla
  • Rúa Ourense, dende Ronda Muralla cara a rúa Betanzos
  • Rúa Mondoñedo
  • Rúa Pontevedra
  • Carril bus-taxi interior muralla (todo)
  • Praza de Ferrol (todo o perímetro)

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com