O domingo 24 remata o prazo para inscribirse na primeira acción formativa da estratexia “Lugo Seguro”

Últimos días para inscribirse no curso online, impartido por profesionais da medicina, a psicoloxía e a comunicación, co que achegar aos participantes as habilidades e coñecementos precisos para enfrontarse ao novo escenario post COVID-19 e obter o diploma de Establecemento de Confianza. O curso ten como obxetivo axudar ao comercio e á hostalería lucense durante o período de desconfinamento dentro dunha estratexia encamiñada a xerar confianza e seguridade entre clientes e provedores nun ‘Lugo Seguro’.

O curso dará comezo o luns 25 de maio, e as inscricións, totalmente de balde, permanecerán abertas ata o día anterior. Para participar os interesados deberán cubrir o formulario habilitado en https://bit.ly/3dKq5gW Trátase dun curso interactivo, de 20 horas de formación, con recursos audiovisuais e exercicios prácticos. Impartirase en liña, mediante unha plataforma de elearning, accesible desde dispositivos móbiles e que permite unha comunicación instantánea alumno-titor.

Entre outros temas, o curso abordará aspectos relacionados coa prevención e a seguridade e saúde do persoal e dos establecementos. Pero tamén ensinará a afrontar desde un punto psicolóxico e emocional a nova situación de regreso ao traballo, así como a comunicación para trasladar aos clientes a máxima confianza en que poden acudir aos seus establecementos habituais pois o persoal está preparado para atendelos e porase a obrigada prevención en todas as tarefas.

Novas relacionadas

  1. Pilar Cancio Alvarez
    Mai 21, 2020 - 10:34 PM

    Que me parece muy interesante

    Reply
  2. Pilar Cancio Alvarez
    Mai 21, 2020 - 10:33 PM

    Donde se puede inscribir para ese curso

    Reply
  3. Lucia Barcelos
    Mai 21, 2020 - 09:47 PM

    Fotoooooo!!!!!!

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com