O equipo lucense Wolf Pack participará no Campionato Europeo de Jiu Jitsu Brasileiro en Lisboa

O equipo Wolf Pack de deportes de loita (Jiu Jitsu Brasileiro, Artes Marciais Mixtas e Luta Livre) con sede en Lugo e filial en Monforte de Lemos, disputará con tres atletas o Campionato Europeo de Jiu Jitsu Brasileiro da IBJJF (International Brazilian Jiu Jitsu Federation).

Este torneo que se disputará, do día 20 ao 26 de xaneiro, en Lisboa, é considerado o campionato máis duro do mundo mesmo por encima do mundial.  Nel, daranse cita máis de 5.000 loitadores prodecentes de todos os continentes.

Luís Castaño Martín en cinto marron, peso pluma, vixente campión de España desta modalidade nas dúas especialidades diferentes nas que se pode competir (Gi e No Gi); será un dos representantes do equipo lucense de Wolf Pack. Con el, participará Borja Castaño Martín, en cinto azul e peso lixeiro (cuarto clasificado no Campionato de España) e Marco Antonio Castrillón Pérez, en cinto branco e peso ultrapesado, actual campión de España con Gi. Completando a expedición lucense, como esquina dos loitadores, desprázase Karen López Ordoñez, parte moi importante para o desenvolvemento das loitas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo