" />

O escritor Manel Loureiro, protagonista da Cata Literaria de hoxe no MIHL

O escritor galego Manel Loureiro será o protagosnista da Cata Literaria de hoxe, no Museo Interactivo de Historia de Lugo, a partires das oito da tarde. O escritor conseguiu ser un dos poucos autores españois contemporáneos, que conseguiu situar as súas novelas na lista das máis vendidas de Estados Unidos. Entre os seus traballos destacan Apocalipsis 2: El principio del fin, Los días oscuros e La ira de los justos, que foron traducidos a máis de dez idiomas, e publicados en preto de 20 países.

Nestas catas, ademais de literatura, tamén hai unha mostra da gastronomía lucense acompañado de viño da Ribeira Sacra. Tamén, durante o evento, haberá música a cargo de diferentes grupos da cidade. Ademais para as persoas que queiran asistir disporán dun bus urbano gratuito para os que se queiran achegar con saída da Casa Sindical ás oito e volta ás dez e cuarto. Para poder asistir haberá que adquirir unha entrada cun prezo de 5 euros que está a venda na Biblioteca Municipal da Milagrosa, no Centro de Interpretación da Muralla, no Museo Interactivo da Historia de Lugo, e na web entradaslugo.es.

@Manel_Loureiro

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo