" />

O ex-mozo de Tatiana, acusado tamén de homicidio

Acusado de homicidio o exmozo de Tatiana Vázquez, a rapaza de 24 anos que este sábado aparecía acoitelada no seu coche situado na rúa Montirón, en Lugo.

Até o de agora o home, un cidadán senegalés de 31 anos, permanecía só imputado por supostos malos tratos, despois de que a Policía recibise as denuncias de familiares e amigos da moza asasinada.

Con todo, os avances da investigación permitiron ampliar a acusación. Confirmábao o subdelegado do Goberno en Lugo en funcións, Ramón Carballo.

Carballo sinalaba tamén que a Policía aínda continúa recabando probas. Revelaba, por exemplo, que aínda falta por analizar polo miúdo un segundo teléfono que empregaba Tatiana. O subdelegado do Goberno en Lugo agarda que o detido poida prestar hoxe declaración en sede policial e cre que será mañá pola mañá cando finalmente poida declarar perante o xuíz.

“Agardamos que no día de hoxe preste declaración en sede policial. A partir de aí, o máis probable é que no día de mañá pase a disposición xudicial”, precisou.

En todo caso, Ramón Carballo insiste en que todas as liñas de investigación seguen abertas e cre que todo apunta a unha rápida resolución da causa. “Xa temos o resultado das análises das probas policiais que se tomaron estes días. Son datos reveladores que nos indican que podemos estar encamiñados á resolución do crime”, concluíu.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo