O Festival de Cinema Euroárabe chega, por segundo ano consecutivo, a Lugo

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, e o director do Festival de Cinema Euroárabe, Ghaleb Jaber, presentaron este martes, no Salón de Plenos, o Ciclo Amal en Ruta 2017, co que, por segundo ano consecutivo, colabora o Concello. Deste xeito, a entidade local, con este ciclo, achegará á cidadanía lucense cinema multicultural todos os xoves de maio e o 1 de xuño, a partir das 20:00 horas.

 

Durante a presentación, a edil convidou á cidadanía a encher o MIHL, onde se proxectarán tres ficcións e dous documentais, que supoñen un pecorrido polo mellor cine árabe de actualidade. Nesta edición, o ciclo estará adicado á muller, sendo unha figura femenina a directora ou protagonista dos filmes.

Para González Abelleira, quen lembrou o éxito da pasada convocatoria, “aínda é necesario incidir na necesidade de seguir visibilizando a diversidade cultural, de aí a importancia do Ciclo Amal en Ruta“. Ademais, agradeceu o interese da Fundación Araguaney- Ponte de Culturas, organizadora do acto, por proporcionar este tipo de cultura e achegar á cidade este cine, que naceu en 2002 co obxecto de ofrecer o mellor cinema árabe.

Pola súa banda Jaber agradeceu ao Concello a súa “mentalidade sen barreiras, sen muros e sen fronteiras,que é valente á hora de programar un ciclo de cine como este, basado nunha cultura que a miúdo se vinculada aos extremismos”.

O Ciclo Amal en Ruta enmárcase dentro dunha programación que se levará ao longo de mes de maio por Lugo e “para romper estereotipos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com