" />

O gasto medio do Concello por lucense ascende a 800€

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, presidiu hoxe a Comisión de Contas na que se abordou a Conta Xeral do exercizo orzamentario do 2017, un presuposto que acadou unha execución do 76% no capítulo de gastos, unha porcentaxe que se sitúa na media dos concellos a nivel galego e nacional, segundo os datos oficiais publicados polo Ministerio de Facenda na súa páxina web.

A execución foi do 83% no caso dos ingresos. Este documento técnico, que reflicte os estados contables do Concello, indica, como subliñou a Concelleira, que, cunha débeda financeira cero, o gasto por habitante efectuado polo Concello ascendeu a preto de 800€, mentres que o esforzo fiscal por habitante mantívose nos 600€ como nos exercizos anteriores do presente mandato.

A edil subliñou que son datos positivos, tendo en conta ademais que no 2017 estivo en vigor o orzamento prorrogado do ano anterior, trala negativa da oposición a apoialo, polo que non puido executarse o capítulo de Investimentos ao non ter consignación.

A Conta Xeral do 2017 pon de manifesto que o Concello ten débeda financeira cero e cumpre co obxectivo de estabilidade orzamentaria, coa regra de gasto e co disposto no Plan Económico Financeiro que tivo que presentar para aprobar os orzamentos do 2018 tras incorporar remanentes para pagar as expropiacións do barrio do Carmen.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo