O GastroEntroido da comezo, esta fin de semana, ao entroido lucense no Mercado Municipal

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, anunciou esta mañá unha nova iniciativa gastronómica do Concello para darlle o pistoletazo de saída ao entroido na cidade de Lugo.

Trátase do GastroEntroido, que dá continuidade ao GastroNadal, e que busca fomentar o coñecemento dos produtos do Mercado Municipal, xunto cos da Praza de Abastos, para elaborar con eles receitas específicas destas datas, tanto de comidas como de doces típicos, aproveitando os recursos de ambas instalacións municipais. Con este proxecto, ademáis, a Concelleira pretende impulsar estos espazos da cidade.

 

O Mercado Municipal acollerá esta iniciativa gastronómica de 17:00 a 19:00 horas deste venres 17, e de 11:30 a 13:30 horas, do sábado 18. Estas xornadas gastronómicas estarán impartidas por profesionais da hostelería.

As persoas interesadas en participar nesta iniciativa, aberta ao público e gratuíta, pódense inscribir no Servizo de Información Cidadá 010; e para os de fóra de Lugo, chamando ao 982-29-73-50. Así mesmo, os propios días de celebración destas xornadas, os interesados pódense achegar ata o Mercado Municipal para participar nos obradoiros. O número máximo por xornada é dunhas 20 persoas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com