" />

O GastroEntroido dá o pistoletazo de saída ao Entroido lucense no Mercado Municipal

O Mercado Municipal acolleu onte e hoxe o GastroEntroido, unha iniciativa do Concello para darlle vida ao Mercado Municipal ao tempo que da a coñecer os produtos típicos de Lugo nestas datas festivas. Durante a tarde de onte e mañá de hoxe profesionais da hostalería impartiron obradoiros de comida.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, visitou onte estas actividades do GastroEntroido, que reuniron a numerosos participantes e público, tal e como puido comprobar a edil.

 

Esta iniciativa busca fomentar o coñecemento dos produtos de tempada do Mercado Municipal e da Praza de Abastos e elaborar con eles receitas específicas do Entroido, non soamente de comidas, senón tamén de doces típicos aproveitando os recursos de ambas instalacións municipais; así como impulsar estes espazos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo