" />

O GMPP denuncia pagos por 2,3 millóns de euros en 2015 cuestionados polo interventor

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular Juan Carlos Plaza afirmou hoxe que “o Concello de Lugo abonou case 2,3 millóns de euros nos primeiros 100 días de ano, a legalidade ditos aboamentos foi cuestionada polo interventor municipal, “quen interpuxo os respectivos reparos a estes pagamentos”.

Tal como explicou o popular, estas cifras, “que se son tan altas é exclusivamente porque o goberno municipal non ten vontade por volver a sacar a concurso público estes servizos”, poñen de manifesto “o evidente deterioro da situación económica municipal e a parálise propia dun alcalde en retirada como é López Orozco”.

Así, segundo indicou Juan Carlos Plaza, “ao final do mandato estase a pagar máis do dobre de facturas a empresas sen contrato do que se abonaba a comezos de mandato, xa que fronte aos 10.632 euros diarios de media do primeiro ano de mandato (2011), actualmente esta contía ascende aos 21.616,81 euros. É máis, en tres meses e medio deste ano pagouse máis que entre xuño e decembro de 2011”, incidiu Juan Carlos Plaza.

O edil popular afondou en que, a data 15 de abril foran pagadas 41 facturas a empresas sen contrato, o que supón que “practicamente o Concello abonou un de cada dous días unha minuta nestas circunstancias”. Así mesmo, sinalou que “non só continúan medrando os importes pagados irregularmente senón que tamén aumentan as empresas privadas que traballan nestas condicións, de xeito que ás xa coñecidas (depuradora, potabilizadora, transporte público, iluminación…) se incorporan outras novas, como a Casa das Linguas ou a desratización, entre outras”.

Polo demais, Juan Carlos Plaza reiterou que “con estas prácticas irregulares só perdemos os lucenses e perdemos nun sentido dobre: primeiro porque estamos a pagar máis do debido tendo en conta que unha nova licitación pode permitirnos rebaixas de entre un 20 e un 30% entre un custe económico máis reducido e melloras no servizo; e segundo porque estamos a manter irregularmente a estas empresas”.

Por último, o responsable de Economía do Grupo Municipal do Partido Popular tamén criticou que “despois de que o goberno municipal leve catro anos blindando a Vendex sen retirarlle o contrato da ORA que leva anulado pola xustiza dende maio de 2011, servizo polo que a empresa recada máis dun millón de euros ao ano, agora tamén a blinda na xestión dos museos municipais, do que tamén se segue ocupando sen ter relación contractual en vigor co Concello. Dous servizos xestionados sen contrato pola empresa que está no eixe da trama de corrupción Pokemon, e o goberno municipal nin se inmuta nin corrixe a situación”, resumiu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo