O Gmpp reclama un maior control das 122 prazas para persoas con mobilidade reducida

O Grupo Municipal do Partido Popular analizou o nivel de ocupación indebida das 122 prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida. A concelleira popular Mari Teijeiro explicou que o chequeo realizado pon en evidencia “a necesidade de levar a cabo un maior control das prazas de aparcamento reservado para persoas con discapacidade”. A popular manifestou que “hai que evitar abusos e usos indebidos dos que se benefician persoas que non teñen ningún tipo de discapacidade”.

Teijeiro tamén suxire que “se poña en marcha unha campaña de concienciación, en colaboración coas entidades sociais de discapacidade, xa que nos últimos tempos co caos de aparcamento, motivado pola suspensión da ORA, moitos veciños invaden estas zonas reservadas pese a que non teñen dereito a usar este espazo”.

Os populares tamén piden que “se amplíe o uso das prazas para que poidan aparcar nelas vehículos de transporte colectivo das entidades que traballan con persoas con mobilidade reducida. O goberno local debería facilitar a tarxeta de estacionamento a estas entidades xa que, ás veces, cando fan traslados para que os seus usuarios participen en actividades como piscina ou fisioterapia teñen problemas para estacionar o vehículo preto das instalacións”.

Teijeiro explicou que tanto na Ley de Accesibilidade de Galicia como no Real Decreto que regula as condicións básicas de uso de tarxeta de estacionamento para persoas con discapacidade se contempla esta posibilidade.  Nese senso a edil do PP solicitou “que se informe ás entidades desta opción para facilitarlles a tramitación”.

Por último os populares solicitan que o goberno local actualice o listado de prazas para persoas con mobilidade reducida que se publica no Porta Lugo Accesible xa que está “bastante desfasado”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com