" />

O Goberno Central segue sen concretar os prazos da autovía da Mariña

O Goberno Central segue sen concretar os prazos para rematar unha vía de tanta importancia para a nosa provincia, nomeadamente para A Mariña como é a autovía A-74. Os senadores do PP pola provincia de Lugo preguntaron ao Goberno en febreiro pasado que prazos de execución e que cantidades económicas ten establecidas para a execución das obras da autovía A-74, entre Barreiros e San Cibrao. Segundo os senadores do PP “ o Goberno di que continúa impulsando o desenvolvemento da A-74. Lembra que o 3 de decembro de 2021 aprobouse provisionalmente o proxecto de trazado do tramo Burela-Foz e o 26 de xaneiro de 2022 someteuse a información pública no Boletín Oficial do Estado. Indica que “unha vez apróbese definitivamente o proxecto de trazado, continuarase co proxecto de construción”. Di tamén que no que respecta ao resto de tramos se segue traballando nos correspondentes estudos e proxectos”.

Os senadores populares lamentan que “o socialista César Mogo diga que pide investimentos ao Goberno e tolere que o Executivo non aclare con detalle que previsións ten para impulsar esta importante vía de comunicación. Teñen cada vez máis claro que o Ministerio de Transportes non ten intención real de sacar adiante esta obra”.

Na exposición de motivos da súa pregunta, os populares destacaban que “a redacción do proxecto iniciouse no ano 2015 e a súa execución quedou paralizada cando o PSOE chegou á Moncloa”. Resaltan a importancia desta infraestrutura como vertebradora da comarca da Mariña co noroeste peninsular e co resto de Galicia, e como unha vía capaz de conectar estes territorios cun porto de tanta importancia como o de San Cibrao.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo