O Goberno da Deputación colabora con 6.000 euros coa Festa Viquinga do Vicedo

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, o Alcalde do Vicedo, Jesús Novo Martínez; e á Directora de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro; acompañados polo Delegado Territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro Orol, presentaron este martes a II Romaría Vikinga, que terá lugar os días 28 e 29 de xullo no Vicedo. O Goberno da Deputación colabora coa celebración deste cita turística e cultural cunha achega económica de 6.000 euros.

Vidal Baamonde subliñou que “dende o Goberno da Deputación colabora con esta iniciativa co obxectivo de promocionar un enclave natural extraordinario da Mariña lucense, como é a Praia de San Román, ao mesmo tempo que potenciamos e impulsamos a actividade económica e turística do Concello do Vicedo, pois espérase que para esta segunda edición participen máis de 5.000 persoas”.

O día grande da festa será o 29 de xullo no que terá lugar o desembarco na praia de Area Grande (San Román), onde desenvolverase o espectáculo matinal con cabalos, cabaleiros e unha grande ambientación viquinga a cargo das asociacións xuvenís do Vicedo. Pola tarde, realizaranse obradoiros, demostracións de loita e actividades infantís na zona do campamento, situada na área oeste da praia. Ademais, este ano instalaranse dúas zonas de mercado viquingo, onde se poderá adquirir artesanía e produtos autóctonos.

Programación

A xornada comezará na Casa da Cultura, o venres 28 de xullo ás 19:30 horas, co pregón do xornalista Ernesto Sánchez Pombo, na que despois haberá unha charla do arqueólogo Iñaki Sagredo. O sábado dia 29 de xullo terá lugar o desembarco a partir das 12:30 na praia de Area Grande, en San Román. A continuación haberá un espectáculo artístico a cargo do dúo Queiman e Pousa. Pola tarde o programa conta con exhibicións de loita, e pola noite baixada ata a praia, onde continuarán as actuacións musicais. Durante os dous días os visitantes poderán desfrutar de rutas de tapas, ambientación musical polas rúas do Vicedo, e poderán contemplar as distintas asociacións viquingas caracterizadas que participan nestas xornadas. Tamén haberá obradoiros para todas as idades.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo