O Goberno da Deputación impulsa a comercialización dos produtos lucenses coa VII Festa do Viño de Negueira de Muñiz

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, acompañado do alcalde de Negueira de Muñiz, José Manuel Braña Pereda, participou este sábado na VII Festa do Viño deste municipio lucense, organizada pola Asociación para a Defensa das Variedades Autóctonas e Viñedos da Ribeira do Navia. O Goberno da Deputación vén apoiando nos últimos anos a organización deste certame, que recibiu no ano 2016 unha axuda de 1.000 euros. Do orzamento 2017, o Goberno destinará a Negueira de Muñiz, no marco do Plan Único, 189.000 euros. E desta cantidade, o Concello poderá investir 6.000 euros no impulso de iniciativas como esta.

Campos Conde subliñou que “a Festa do Viño de Negueira de Muñiz experimentou un crecemento exponencial. O que comezou como unha cata de viños entre os produtores da zona, hoxe podemos dicir que xa é un evento consagrado no calendario festivo da Montaña Lucense. Na pasada edición, a pesar de que o tempo non acompañou, bateuse o récord de participación, e esta fin de semana centos de persoas volverán a facer desta festa todo un éxito”.

O Presidente engadiu que “é fundamental colaborar na organización deste tipo de iniciativas que axudan a poñer en valor os produtos autóctonos da provincia, impulsando a economía lucense a través da súa gastronomía, e dando a coñecer as súas potencionalidades, incentivando o turismo, debido á gran repercusión que teñen estes eventos nas vilas, especialmente no rural lugués”.

225 litros de viño

A asociación impulsora da feira reúne a quince viticultores que producen nas zonas de montaña da provincia, e que buscan unha produción de calidade, caracterizada pola singularidade e a calidade, fronte á cantidade producida noutras zonas vinícolas. Durante a festa, os asistentes puideron adquirir unha cunca de madeira por 6 euros, e con esta probar os 15 litros que cada bodega puxo á súa disposición de balde. Tamén se puxeron á venda outros alimentos producidos na zona, tales coma froitas, hortalizas ou embutidos elaborados artesanalmente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com