O Goberno da Deputación leva a Taboada o Campionato Galego de Piragüismo

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto co Concelleiro de Taboada, Luis Gómez García, o Delegado Provincial da Federación Galega de Piragüismo, Martín Carballo Méndez, e a Presidenta do Club Cidade de Lugo, Sabela Castro Martínez, presentaron o Campionato Galego de Inverno de Piragüismo, que terá lugar o vindeiro sábado, 3 de marzo, no encoro de Belesar ao seu paso pola localidade de Taboada.

O organismo provincial é o principal patrocinador deste evento deportivo, organizado polo Club Cidade de Lugo, cunha achega económica de 9.000 euros para promover o deporte base, ademais de incentivar o turismo e economía da zona, posto que a proba deportiva reunirá a máis de 1.000 persoas entre participantes e espectadores.

Rivera Capón subliñou que máis de 600 palistas de 40 clubes da comunidade competirán este sábado no encoro de Belesar sobre unha distancia de 5.000 metros. Esta cifra supón un novo récord de inscrición na que é a primeira competición do ano de piragüismo. A Deputación reafirma así o seu compromiso con este Deporte dada a relevancia que lle atribuen na provincia lucense.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo