O Goberno de Lugo únense á semana das Nacións Unidas sobre a Seguridade Viaria

O Tenente Alcalde e concelleiro de Mobilidade, Rubén Arroxo, informou que o Concello de Lugo se uniu ás actividades da Semana Mundial das Nacións Unidas sobre a Seguridade Viaria. Rubén Arroxo explicou que “o obxectivo para este ano é concienciar sobre a necesidade de respectar os límites de velocidade para crear cidades máis amables coas persoas, unha cuestión na que desde a área de Mobilidade levamos traballando desde a nosa chegada ao goberno”.

O Tenente Alcalde explicou que “desde o Goberno de Lugo temos o compromiso de avanzar cara a unha cidade máis amable coas persoas, con menos tráfico e máis ecolóxica”. Desde as áreas de Educación e Mobilidade enviarase aos centros de ensino o material proposto polas nacións unidas para que as estudantes realicen actividades sobre a mobilidade segura.

A semana mundial das nacións unidas sobre a Seguridade Viaria celébrase desde o 2014 na terceira semana de maio. Para o ano 2021, o lema é “Rúas para a Vida, #Love30”, e ten como obxectivo concienciar sobre a importancia de respectar os límites de velocidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com