" />

O goberno local esíxelle á Xunta de Galicia o mantemento da Cámara de Comercio

O equipo de goberno defenderá no vindeiro Pleno ordinario unha moción na que esixirá á Xunta de Galicia que poña os medios oportunos para que se celebre canto antes o proceso electoral para a constitución dunha nova xunta directiva da Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da provincia de Lugo, así como que dote de solvencia económica a dito organismo, para que poda poñerse en perfecto funcionamento con todas as garantías legais.

Así o anunciou este xoves o voceiro municipal, Miguel Fernández, quen afirmou que actualmente a provincia lucense é a única que carece de Cámara de Comercio, “o que podería provocar a perda de subvencións e a non inclusión en programas beneficiosos para empresas e comercios, como estivo a piques de pasar no LeanCámaras deste ano 2015”.

“Durante anos a Cámara de Comercio foi adquirindo unha débeda importantísima, que non foi nin moito menos tutelada e controlada pola administración competente, a Xunta de Galicia, e hoxe a institución cameral carece de liquidez e de patrimonio”, subliñou o Concelleiro, que demandou á institución galega que “con carácter urxente” proceda ao mantemento de dito organismo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo