" />

O Grupo Municipal do PP trasladou en reunións de barrio e sectoriais un centenar de propostas

O candidato popular á alcaldía de Lugo, Jaime Castiñeira, afirmou esta mañá, que a 100 días das eleccións municipais, o seu grupo trasladou en reunións de barrio e sectoriais, un centenar de propostas.

O candidato popular afirma estar “moi satisfeito e agradecido” pola boa aceptación que están a ter as iniciativas nas que se plasma o seu proxecto de cidade.

Doutra banda, o candidato popular reuniuse coa directiva da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalaría de Lugo, aos que lles presentou o seu proxecto de turismo.

Entre as súas propostas, os populares apostan pola potenciación das rutas de viños e tapas como elemento singular, fortalecendo e favorecendo esta actividade durante todo o ano, e tamén por promocionar Lugo como destino gastronómico, a traveso de eventos específicos como a organización de semanas gastronómicas monotemáticas, ou a creación de feiras temáticas con produtos emblemáticos da nosa terra.

@jaimecastineira

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo