" />

O Grupo Provincial do Partido Popular denuncia a existencia de goteiras no Museo Provincial de Lugo.

O Grupo do Partido Popular na Deputación de Lugo denuncia a existencia de goteiras no Museo Provincial, xestionado pola área de cultura da  institución lucense.

Segundo explicaron os populares, as filtracións afectan á sala 27.  O acceso a esta localización atópase pechado aos visitantes, mentres se seguen albergando obras no seu interior.

Os populares aseguran que nesta localización  obsérvanse os baldes que recollen a auga, así coma os plásticos que protexen a tarima de madeira.

Escoitamos a voceira provincial popular, Elena Candia:

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo