" />

O Grupo Provincial do PP presentará a súa proposta de Orzamentos ao Pleno Provincial

O Grupo Provincial do PP anuncia que presentará mañá a súa proposta de Orzamentos para someter á votación do Pleno. En concreto, os populares incorporan ás contas aprobadas en marzo as reclamacións ás que se lles deu o visto bo na última sesión plenaria, “o que as mellora de xeito substancial”.

A voceira do Grupo Provincial do PP, Elena Candia, explica que, “logo de ver novamente os atrancos e as dificultades que o presidente segue poñendo para non ter Orzamentos na provincia o noso Grupo co único propósito de desbloquear a institución presentará mañá por rexistro o documento completo para sometelo á súa votación”.

“Hai que dicir, engade Candia, que ese documento contará con informes xurídicos que avalen a súa legalidade e que van na mesma dirección que o informe xurídico que se incorporou no pasado Pleno, no que claramente dicía que as reclamacións que presentaba o PP non estaban incursas en ningunha circunstancia que contraviñera o ordenamento xurídico”.

A popular indica que o único propósito do PP é que a provincia teña uns bos Orzamentos. “Non temos outros propósito nin outro obxectivo que non sexa establecer mecanismos de control para asegurarnos de que os Orzamentos se executan e se cumpren e non sexan titulares de prensa como os que estamos acostumados a vivir e despois quedan tan só en papel mollado”, engade.

Isto suporá como, xa anunciou a Lugo Si Radio Álvaro Santos, que o Psoe os leve diante dos tribunais.

Así as cousas, todo parece indicar que os concellos da provincia vanse ter que armar de paciencia mentres de soluciona este galimatías.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo