" />

O Incio levará a cabo a ITV agrícola entre o 30 de marzo e o 2 de abril

O Concello do Incio informa a través dun bando que a empresa Supervisión y Control S.A. ten previsto o desprazamento da súa unidade móbil ao municipio entre o 30 de marzo e o 2 de abril co obxecto de realizar inspeccións técnicas periódicas a vehículos agrícolas.

En Noceda as inspección técnica terá lugar na pista polideportiva o 30 de marzo. De 09:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Do 31 de marzo ao 1 de abril, no aparcamento do campo de fútbol de Cruz do Incio estarán de 09:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. No campo da festa de Val do Mao estarán o 2 de abril. De 09:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas.

As persoas interesadas poden solicitar cita previa chamando ao 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo