O lobo

Desde Galicia Baleira estamos a observar que os plans do Ministerio de Transición Ecolóxica teñen como referente un plan copiado dos intereses redactados, de forma maioritaria, por Asociacións ecoloxistas, que incorpora ao lobo na Listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial ( Lespre) para a elaboración previa da nova estratexia nacional de xestión do lobo, que deberá ser aprobada por unanimidade. Isto de unanimidade, soa a imposición, xa que tentan mesturar o voto ou intereses de comunidades que non teñen censo de lobos, con outras (normalmente as situadas ao Norte do Douro) onde Galicia é a Comunidade que debe de soportar o maior censo de lobos de todo o país e nela destaca segundo os últimos datos, o norte da provincia de Lugo como a zona de maior densidade de Lobos do mundo (datos revista Ibader). Como poden tentar que o voto da Comunidade de Murcia ou Estremadura, que carecen de lobo, teñan a mesma forza que Galicia, Asturias ou Cantabria, máxime cando os censos de exemplares non son reais porque non están actualizados. Ante o anómalo dos plans, desde Galicia Baleira, o que solicitamos é que o Ministerio de Transición Ecolóxica conxuntamente cos grupos ecoloxista defensores do Lobo sen concesións e sen controis (nós defendémolo pero cun control exhaustivo), repartan as súas mandas por todo o país, deixando inicialmente no Norte de España ao redor de 1.000 exemplares dos ao redor de 3000 existentes e leven 1.000 ás serras de Andalucía e outros 1.000 repártanse no Sistema Central e os Pireneos.

O Ministerio ademais debe  dispoñer dun plan de indemnización efectivo e instantáneo para os danos producidos nas explotacións gandeiras, controlando igualmente as irregularidades ou estafas na solicitude de danos.

Comisión Executiva de Galicia Baleira

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com