O Mercado Municipal acolle o martes 12 de maio as actividades do Día do Comercio Xusto

A Concelleira de Desenvolvemento Local, Rosana Rielo, acompañada polo representante da Fundación Taller de Solidaridade e a representante da asociación A Cova da Terra, Angela Hortas, presentaron as actividades de conmemoración do Dia do Comercio Xusto.

Esta actividade terá lugar o martes 12 de maio no Mercado Municipal Quiroga Ballesteros en horario de 16 a 20 horas xunto co Mercado ecolóxico da Terra que xa se ven celebrando todos os martes.

Rosana Rielo explicou que Lugo é cidade amiga do comercio xusto dende hai varios meses polo que “apoiamos todas as actividades de fomento do comercio xusto e a ecoloxia”.

Dentro da Campaña Lugo, cidade polo Comercio Xusto posta en marcha o pasado ano e coa que se pretende converter Lugo nun modelo de localidade que achegue os produtos de Comercio Xusto á cidadanía a través das administracións, comercios, empresas e tecido asociativo, as entidades impulsoras promovemos a celebración do Día Internacional de Comercio Xusto con diferentes actividades, tal e como explicaron os organizadores.

Entre as actividades, vaise a celebrar un Obradoiro téxtil Tira do fío, unha demostración e degustación de doces feitos con ingredientes procedentes do Comercio Xusto e da Agricultura Ecolóxica da man de O Mercado Street Food e de Álvaro Villasante do restaurante Paprica e membro do grupo gastronómico Nove.

A partires das 18 horas tamén se celebran obradoiros para os máis cativos coa proxección dunha curtametraxe sobre o comercio xusto; mesas informativas e de venda das entidades participantes e mercado de produto de comercio xusto, ecolóxico, local e artesanal.

As asociacións organizadoras son A Cova da Terra, Asemblea de Cooperación pola Paz, Axunica, Bico de Grao, Mans Unidas e Taller de Solidaridad.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com