" />

O Ministerio de Transporte avanza na busca dun sistema de protección antinéboa na A8 no Fiouco

O Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana (MITMA) formalizou onte, no Boletín Oficial do Estado, os contratos de servizos de investigación e desenrolo para a “Compra Pública Precomercial (CPP) para o deseño, implementación e experimentación con prototipos de tecnoloxía innovadora relativa a sistemas de protección antinéboa na Autovía A8, entre Mondoñedo e A Xesta”, na provincia de Lugo.

Son sete os contratos que se adxudicaron como parte da Fase 1, que comprende a demostración da viabilidade das solucións propostas. Os anuncios das formalizacións, onte anunciouse o primeiro contrato e, o resto, irase publicando no BOE ao longo dos vindeiros días.

O Mitma abordará a través desta CPP o deseño, a construción e a experimentación con prototipos de solucións innovadoras frente á néboa, nun treito de proba anexo ao treito da autovía entre Mondoñedo e A Xesta, con obxecto de validar a súa futura implantación sobre a estrada para minimizar os efectos adversos producidos sobre o tráfico pola densa néboa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo