Presentación do Descenso do Miño

O Miño lucense énchese este sábado de piraguas no seu 61 Descenso Internacional

O Deputado de Innovación e Deportes da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón, presentou esta mañá nos Xardíns de San Marcos a 61 edición do Descenso Internacional do Miño, que terá lugar o vindeiro sábado día 10 de xuño. Rivera estivo acompañado neste acto polo Presidente do Club Fluvial de Lugo, Tito Valledor, o Presidente da Federación Galega de Piragüismo, Jose Alfredo Bea,o Alcalde do Concello de Rábade, Francisco Xosé Fernandez, o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible de Lugo, Daniel Piñeiro; o Director Técnico de Piragüismo José Antonio Fernandez Marzán, máis coñecido como Mus, e o Xerente do Hospital Polusa, Justo Jorge López.

O Descenso do Miño é a segunda proba de piragüismo máis antiga de España, tema que foi de obrigado nomeamento nas diferentes intervencións dos participantes no acto. Os palistas participantes, máis de 400, sairán o sábado de Rábade ás 17.00 horas, e chegarán, como xa é tradicional, á meta situada no Club Fluvial de Lugo. Cabe resaltar o novo record de participación acadado este ano neste evento, xa que hai inscritos case 400 palistas que proceden de 28 clubes de toda Galicia.

O Presidente do Club Fluvial, Tito Valledor, agradeceu o empuxe institucional, xa que sen el non sería posible realizar unha nova edición, e resaltou que “este evento é moi importante para a cidade lucense”.

Noutra banda, o Presidente da Federación Galega de Piragüismo (Fegapi), José Alfredo Brea, reiterou a importancia do evento e recalco que aínda que o domingo celébrase o Campionato de España de Piragüismo, hai máis participantes no desdenso do Miño, algo que é tildou de “orgullo para á cidade e para o piragüimo galego”.

Daniel Piñeiro, o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible, destacou que “é un orgullo vivir sempre cara o Río Miño e este evento é un nexo para achegarnos a el”. Con isto recalca a importancia que ten a celebración do evento na cidade, xa que atrae á xente ao Miño, a relacionarse coa natureza e aproveitar os recursos que esta nos proporciona.

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón  engadiu que “esta competición enmárcase nas diferentes colaboracións que levamos a cabo co Club Fluvial ao longo do ano e que nos permiten achegar o deporte á mocidade lucense, promovendo hábitos de vida saudables e dinamizando a economía dos nosos Concellos, posto que probas como este Descenso Internacional logran reunir a unha gran cantidade de participantes así como de afeccionados”.

O resto de intervintes agradeceron tamén aos concellos participantes e á Deputación o seu apoio para realizar este evento e animaron aos cidadáns a participar nel para que siga medrando e aumentando a súa importancia, deixando de ser o piragüismo un deporte minoritario.

A proba organizada polo Club Fluvial de Lugo e a Fegapi, conta co patrocinio da Deputación de Lugo e coa colaboración da Xunta de Galicia; Concellos de Lugo, Rábade e Outeiro de Rei; Estrella Galicia; Coca-Cola; Polusa; Policía Local e Protección Civil. Ademáis dos trofeos aos tres primeiros clasificados nas distintas categorías, este ano como novidade, a firma Freire Asesores donará tres paletas de ibérico aos integrantes dos primeiros K1 e K2 que crucen a meta, de entre todas as embarcacións e categorías, con saída en Rábade. Ademais, o Concello de Outeiro de Rei concederá trofeos aos primeiros K1 e K2 en cruzar a súa meta volante.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com