O monumento de Santa Eulalia de Bóveda, abrirá ao público estes festivos

O monumento de Santa Eulalia de Bóveda, que xestiona a Consellería de Cultura e Turismo, permanecerá aberto os festivos do 18 e 19 de abril -Xoves e Venres Santo- entre as 10 e as 14 horas, e o sábado día 20 no seu horario habitual de 10 a 15 horas.

O monumento de orixe tardo-romana, construído no século III, destaca polo conxunto de  pintura mural do interior, que é un dos máis importantes dos que se conservan da época romana en toda España. Está situado na parroquia do mesmo nome do municipio de Lugo.

Do edificio orixinal, de dúas plantas, consérvase o arranque da cuberta abovedada e a inferior case na súa totalidade, con tres naves divididas por arcadas, a ábsida rectangular, os frescos e o pórtico da entrada cos seus relevos. As hipóteses sobre o carácter do lugar apuntan a que se trataba dun lugar sacro.

As persoas interesadas poden realizar calquera consulta contactando co persoal do monumento a través dos números de teléfono 982 160 124 ou ben 672 676 488; e tamén mediante o enderezo de correo electrónico monumentosantaeulalia.patrimonio@xunta.gal

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo