" />

O Museo Provincial acolle a mostra ‘Setenta e cinco anos ao servizo de Galicia’ coa traxectoria do Instituto Padre Sarmiento

O Museo Provincial de Lugo vén de inaugurar a exposición Setenta e cinco anos ao servizo de Galicia, unha mostra de 28 paneis que conmemoran o aniversario da creación do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS).

A exposición fai un percorrido histórico pola traxectoria da entidade ao tempo que sinala as súas contribucións máis notables á ciencia e á cultura galegas. Deste xeito, os doce primeiros paneis explican os primeiros pasos do Instituto, constituído formalmente o 15 de febreiro de 1944, e lembran aos protagonistas do seu devir, ademais de repasar as actividades de divulgación científica e cultural máis destacadas do primeiro medio século de vida, entre elas as exposicións anuais realizadas en 1948 e 1972.

A etapa máis recente do Instituto, de 1994 a 2019, condénsase en dous paneis nos que se dá conta da súa reorganización como centro mixto do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e da Xunta de Galicia.

A este esbozo histórico súmanse oito paneis nos que se repasan as publicacións que levan o selo do Instituto así como as diferentes coleccións histórico-artísticas e arqueolóxicas que atesoura. A mostra inaugurouse na tarde de onte no Refectorio do Museo de Lugo, onde permancerá ata o 16 de febreiro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo