" />

O Museo Provincial agasalla dende hoxe un fotolibro de Iván Merayo sobre a morte

A Deputación entregará, ata esgotar existencias, durante esta semana,( do 31 de outubro ao 6 de novembro) a todos visitantes do Museo Provincial un Fotolibro que leva por título “Por que tapan a dor con flores?”, do artista Iván Merayo (Pontevedra, 1971) con motivo da celebración do Samaín, pois este traballo fotográfico fai unha reflexión sobre a morte.

Iván Merayo inaugurará ademais o vindeiro xoves, 3 de novembro, a nova exposición que recibirá o Museo Provincial: “Je ne baise plus”.  Este artista licenciouse en Xeografía e Historia, especialidade en Prehistoria e Arqueoloxía, pola Universidade de Santiago de Compostela en 1996. Actualmente, exerce de arqueólogo profesional por toda a Comunidade. Xunto a estes traballos de campo tamén ten publicado en varios medios os resultados dos seus estudos, e impartido varias conferencias ao respecto.

Samaín na Capela de Santa María

O organismo provincial organizará para o 31 de outubro, con motivo do Samaín, actividades totalmente gratuítas dirixidas a máis de 40 nenos de todas as idades, que se celebrarán na Capela de Santa María.

Os participantes, acompañados de profesionais do Centro de Artesanía e Deseño, realizarán un Obradoiro de caretas e xogarán coas luces e as formas no Teatro de Sombras. O horario das actividades é de 17:00 a 19:30 horas.

A inscrición está aberta no 982 21 00 66.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo