Nadal de cristal Nadal de cristal

O Nadal, en adornos de cristal no MIHL

O Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) estreou este xoves a exposición Nadal de Cristal, organizada polo Concello de Lugo no marco da programación do Nadal 2015-2016. A mostra que reúne máis de 300 adornos creados artesanalmente en cristal recollidos en diferentes tendas e mercadiños de Europa. Nadal de Cristal é unha parte da Colección Vico, que nace dunha viaxe a Polonia de Carlos e Fátima en 2009, onde descubriron unha pequena tenda chea de adornos para a árbore de Nadal soplados en cristal.

A mostra contempla diferentes temáticas, as orixes do Nadal, as orixes da árbore de Nadal, a guera e as árbores de Nadal prohibidas, os agasallos, as diferentes costumes de Nadal en diferentes países europeos, os xoguetes, anxos e reis, Santa Claus, a infancia dos nenos nos países europeos, os bonecos de neve, a comida de Nadal antes e agora, seres mitolóxicos, contos infantís e o proceso de fabricación de adornos de Nadal.

Vinculados a esta exposición realizaranse obradoiros de cociña para nenos de máis de 5 anos, os días 21, 22 e 23 das 18:00 ás 19:00 horas; de creación de adornos para nenos e nenas de 6 a 12 anos e contacontos. Tamén haberá unha visita guiada o día 27 de decembro ás 18:00 horas. Para os obradoiros é preciso inscribirse no Servizo de Atención Cidadá 010.

Horarios da exposición

Nadal de Cristal  poderase visitar ata o 31 de xaneiro, de martes a sábado, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, e os domingos, de 17:00 a 20:00 horas. O luns permanecerá pechada ao público. A entrada é de balde

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com