" />

O novo auditorio apostará polos grupos lucenses como protagonistas na súa apertura

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo indicou que dende a súa área se sigue avanzando de cara á recepción do novo auditorio. A edil indicou que “dende o goberno municipal traballamos para realizar a apertura do novo auditorio con rigor e seriedade”.

Segundo explicou a titular de Cultura, “antes da recepción da obra, os técnicos de diferentes áreas do Concello, realizaron unha minuciosa inspección para cursar os correspondentes informes”. A edil de cultura declarou que “para garantir a seguridade das veciñas e veciños de Lugo e o bo funcionamento das instalacións, ata que as incidencias atopadas nestas inspeccións non se solucionen, o Concello non aceptará o auditorio“.

“As agrupacións e artistas lucenses, seguindo o criterio que aplicamos dende a área de Cultura nos últimos meses, serán as primeiras en actuar no novo auditorio”, indicou a edil antes de concluir que “continuamos así a darlle importancia ao tecido cultural da nosa cidade, e ás obras de gran calidade que realizan”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo