" />

O número de casos activos, novos contaxios e ingresados na UCI baixa en Lugo

Nas últimas 24 horas baixaron en Lugo os seguintes parámetros: casos activos, novos contaxios e ingresados. Deste xeito e, por primeira vez en moitas semanas, todos os datos son positivos, na área sanitaria de Lugo que ten 1236 casos activos 22 deles en cuidados intensivos.

No resto de Galicia as cifras na última actualización son: área da Coruña, 4.146, Ourense 1.312 , Pontevedra 1.787, 2.140 na área de Vigo, 1.812 na de Santiago e 1.312 na de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 222 están en UCI, 775 en unidades de hospitalización e 12.748 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 92.426 persoas curadas, rexistrándose 2.086 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.573.165.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo