" />

O pago atrasado das facturas, nova fonte de discusión na Deputación

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, salientou esta mañá en resposta a preguntas dos xornalistas, que “a Deputación de Lugo deixou de ser a que máis rápido pagaba as súas facturas en Galicia co Goberno de Besteiro, pois a media de pago mensual era de entre 13 a 18 días, a situarse á cola ao facelo en 33-37 días nos últimos tres meses”.

O Presidente explicou que “o Executivo de Candia non priorizou o pago de facturas, habendo hoxe pagos pendentes de 3 millóns de euros. E non foi un problema de liquidez. Candia preferíu repartir 5 millóns de euros da Deputación entre Concellos do PP que pagar aos provedores da institución”.

Fíxoo no marco da campaña de recollida de sinaturas que está a realizar o Comité de Entidades de Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI) e á que se suma o ente provincial, para presentar unha ILP no Congreso, co obxectivo de modificar a lexislación en materia de dependencia e facilitar o acceso universal a estas axudas.

Pola súa banda, o deputado popular Carlos Armesto, invitou esta mañá ao presidente da Deputación, a informarse un pouco mellor do funcionamento da institución xa que “logo das declaracións feitas esta mañá sobre o período de pago das facturas, parece que lle queda grande o cargo”.

“Darío Campos debe informarse da realidade antes de saír e facer declaracións públicas que demostran a súa falta de coñecemento sobre a institución. Cando non se ten experiencia, nin goberno, pódense dar estas circunstancias, que lamentamos e agardamos que non se repitan”, sinalou Armesto.

“Nos informes relativos ao cumprimento de prazos, colgados na propia páxina web daDeputación, pode  comprobar que o anterior Goberno do Partido Popular actuou sempre dentro da normalidade que imperaba na Deputación. Polo tanto, evidénciase que non hai ningún tipo de paralización política. O compromiso dos populares foi claro e evidente”, asegura.

Armesto afirmou que en maio de 2015, o importe pendente de pago superaba os 5,3 millóns de euros; mentres que o de xuño os 4,3. A maiores de que, os períodos medios de pago dos dous meses citados superaban os 30 días establecidos por lei. “Cando chegamos ao goberno había máis de 4 millóns en pagos pendentes e, en menos de tres meses, logramos rebaixar esta cifra en máis dun millón”,

A maiores, Armesto sinalou que non só se pagaron as facturas fiscalizadas, “tamén validamos facturas, logo de que o anterior Goberno bipartito da Deputación incorrera en irregularidades administrativas e non seguira os pasos oportunos na súa tramitación”. Armesto cifra que só nunha Xunta de Goberno, o PP validou facturas por un importe superior aos 104.000 euros que correspondían a servizos tan básicos como “o alumeado, a seguridade da administración ou a telefonía, ademais de alimentos para a Granxa Gayoso Castro”. Un feito que demostra a “falta de xestión e de responsabilidade dos socialistas e dos nacionalistas na Deputación”, concluíu.

Campos Conde subliñou que “temos que protexer ás persoas que sofren unha discapacidade e teñen menos recursos, posto que están a ter serias dificultades para acceder aos servizos de dependencia logo de que o Goberno Central recortase en 1.400 millóns de euros os fondos para esta prestación nos últimos tres anos, feito que se suma ao copago dos fármacos ou das próteses”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo