" />

O paro descende na provincia de Lugo quedando por baixo dos 19.000 desempregados

O paro descende na provincia de Lugo ata alcanzar a cifra oficial de 18.972 parados, aumentando en case 2.000 os contratos asinados neste último mes. Asi é despois de que neste pasado mes de xuño o paro baixara en 902 persoas respecto ao mes anterior.

O pasado ano en Lugo estaban rexistrados 20.369 desempregados co que a diferenza anual resulta de 1.397 persoas menos nas listas do INEM. O comportamento do paro en Lugo en xuño durante os pasados anos foi similar, baixando ao redor das 1.000 persoas de media dende o ano 2013.

En canto a sexos, o total de mulleres sen emprego é de 10.228 fronte aos 8.744 homes que se atopan anotados no INEM. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo