O Pleno da Deputación aproba a proposta de solicitude á Xunta da cesión da titularidade do Pazo dos Deportes

O Pleno da Deputación aprobou esta mañá a proposta de solicitude á Xunta da cesión da titularidade do Pazo dos Deportes, coa abstención do PP. O deputado de deportes, Pablo Rivera Capón, asegurou que esta petición xurde tras a petición ao ente autonómico dun informe sobre a titularidade deste polideportivo que indicou que non hai ningún documento que informe de quen é esta titularidade.

O deputado socialista afirmou que o único documento existente é o convenio asinado coa Caixa de Aforros de Galicia e a Xunta no ano 1991, que recolle a cesión de uso e explotación da deputación neste edificio público, e é o ente provincial quen asume  o custe de mantemento e o IBI, pero, segundo resaltou Rivera Capón, convén solicitarlle a titularidade do Pazo dos Deportes á Xunta de Galicia.

O deputado popular, Juan Carlos Armesto, asegurou que o seu partido non entende que “se a deputación, efectivamente, non é a propietaria, por qué paga o IBI”, o que para os populares supón unha mala xestión, e “unha falta de madurez da propia proposta”. Ademáis asegurou que o ente provincial debería solicitar un informe a Patrimonio para averiguar “a nome de quen está o edificio dos deportes, aínda que se a parcela é da Deputación, o edificio tamén será”.

Asemade, Armesto auspiciou na súa primeira intervención que o seu partido votaría abstención xa que consideraron esta unha “proposta arriscada e que se podería solucionar por outras vías” e porque, afirmou, que non se fala das inversións que irán, se sae a favor, ao Pazo dos deportes, o que “deixa en mal lugar á institución provincial”.

Pola súa parte, o BNG abstúvose no apoio a esta proposta tras asegurar que o seu partido está en contra de que a Deputación teña propiedades deste tipo, xa que “debería ser xestionado polo Concello”, de todos modos, asegurou que facilitaría a aprobación para clarificar de quen é o edificio público.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com