" />

O Pleno Provincial debaterá sobre a situación dos empregados de Muebles Hermida

O Grupo Provincial do Partido Popular intentará que o pleno da Corporación da Deputación Provincial aprobe mañá unha declaración institucional en apoio a Muebles Hermida. Os populares sinalan así o seu “apoio do 100% ás reivindicacións dos traballadores” da factoría laurentina, segundo manifestou a voceira do Grupo Provincial do PP, Elena Candia. A popular recorda que “son preto dun centenar as persoas que se atopan nunha situación delicada” trala entrada da empresa en concurso de acredores.

Os populares defenden, así mesmo, “a necesidade de traballar conxuntamente para buscar con urxencia unha alternativa que garanta a viabilidade de Muebles Hermida e o mantemento dos 97 postos de traballo que xera na localidade e na comarca”. Nesta liña, o deputado do Grupo Provincial do PP sinala que “a falta de mercado non é o problema”, xa que “a factoría conta cun mercado definido e unha carteira de arredor de 5.000 clientes; ademais de potencial para competir no mercado global”.

Neste mesmo senso, o BNG reclamará, con outra moción, a mediación urxente da Xunta de Galicia na busca dunha solución que facilite a viabilidade de Muebles Hermida despois de que traballadores, sindicatos e dirección da empresa fosen chamados a unha reunión o vindeiro venres 3 de xaneiro.

A formación nacionalista faise eco da preocupación dos preto de cen traballadores da empresa que teñen pendente o cobro de catro nóminas e que agardan con inquedanza novas sobre o futuro da fábrica de mobles, en concurso de acredores desde comezos de decembro.

A situación pola que atravesa a empresa, centro de traballo fundamental nos concellos de Lourenzá e Mondoñedo, chegará ao derradeiro pleno provincial do ano, que se celebra mañá martes. A corporación debaterá unha moción impulsada polo BNG de Lourenzá que urxe ao goberno galego a buscar unha solución que facilite a continuidade da empresa e o mantemento dos postos de traballo, e que incide na necesidade de axilizar os procedementos para que o cadro de persoal perciba os salarios pendentes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo