" />

O Pobo Xitano pide un trato digno aos medios de comunicación

Membros da Corporación Municipal asistiron onte venres aos diferentes actos organizados pola Fundación Secretariado Gitano de Lugo e a Asociación de Promoción e Integración Gitana de Lugo para conmemorar o Día Internacional do Pobo Xitano no campo de fútbol Luis López Gorgoso.

Antonio Cortiñas Montoya, membro da Fundación Secretariado Gitano, leu o manifesto que baixo o lema Por un trato digno ao pobo xitano nos medios de comunicación, realiza unha chamada de atención á sociedade sobre a súa imaxe estereotipada coa que se sigue presentando aos xitanos e xitanas nalgúns programas de televisión, baseada en caricaturas e clichés, co conseguinte dano para a imaxe social do pobo xitano. Tras a lectura, os asistentes fixeron unha solta de globos simbólica coas cores da bandeira xitana, coa que se deu inicio a un partido de fútbol amigable.

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo