" />

O Polvorín-Compostela terá lugar no Anxo Carro o domingo ás 11

O equipo filial do CD Lugo, o Polvorín, enfrontarase este domingo 1 de marzo ao SD Compostela no Anxo Carro logo de que o club albivermello conseguira adiantar o encontro ás 11 da mañá.

Deste xeito, a afición do CD Lugo poderá estar presente no partido do filial e, posteriormente, desplazarase a Riazor para presenciar o encontro frente ao RC Deportivo da Coruña, de LaLiga SmartBank.

Os abonados do CD Lugo poderán acceder ao Estadio de forma gratuita, aínda que deberán presentar o seu carnet de abonado. O precio para o resto de aficionados será de 10 euros. Só se abrirá a grada de Preferencia polo que os asentos serán libres.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo