" />

O PP afirma que o investimento da Xunta superou os 129 millóns de euros en Sarria

“Nos últimos seis anos, desde que Alberto Núñez Feijóo preside o Goberno galego, a Xunta de Galicia ten investido máis de 129 millóns de euros no municipio de Sarria, o que son “24.000 millóns das antigas pesetas”.

Así o deron a coñecer hoxe o secretario xeral do PP de Lugo e deputado autonómico, José Manuel Balseiro, xunto ao tamén parlamentario Jaime Íñiguez e o candidato popular neste municipio, Jose Antonio García.

Os populares explicaron que” a Xunta de Galicia é a administración que maior esforzo inversor ten realizado no municipio. De feito cada ano, o Goberno galego destina a Sarria 21 millóns de euros, para impulsar distintas obras, manter e ampliar servizos e promover distintas actuacións en beneficio dos seus veciños”.

Os populares afirman que o investimento do Goberno galego multiplica por 103 os recursos achegados pola Deputación de Lugo neste mesmo período. “Mentres a Xunta mobilizou recursos por valor de 129 millóns de euros a administración provincial en mans de PSOE e BNG tan só foi capaz de investir 1,2 millóns de euros. “En tan so un mes a Xunta inviste en Sarria tanto como a Deputación en seis anos”.

Afondando nos datos oficiais, os populares explican que as achegas poden dividirse en dous amplos grupos: en primeiro lugar, as obras e servizos directos con destino concreto nesta localidade que superan os 19,7 millóns de euros, ás que, en segundo lugar, haberá que engadir outros 109,29 millóns de euros máis, en recursos correspondentes a partidas xenéricas territorizalizadas pero das que se beneficiaron, de xeito directo, neste concello.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo